Equipo Táboas

Na mente dun xornalista deportivo é inconcibible non ter a obra de Eduardo Galeano ‘O fútbol: a sol e sombra’ como referencia. Nela compara aos xogadores dun equipo de fútbol con soldados nunha batalla, aos que describe como “once homes de pantalón curto que son a espada do barrio, a cidade ou a nación”. Dende Táboas queremos ser eses reporteiros de guerra que traian as noticias dos heroes do deporte galego, tanto do propio fútbol como do baloncesto ou o hóckey. Sexan galegos ou estranxeiros, xoguen no noso país ou nas antípodas; en Táboas, todos os deportes e os seus protagonistas atopan o equilibrio.

Aínda que táboas sexa sinónimo de empate, só pretendemos que o marcador non se mova na importancia que lle damos a cada tema. Afastarémonos das trincheiras e das cavernas mediáticas dos nosos tempos de deporte sensacionalista, onde unhas botas novas son motivo de debate especial. En Táboas, como profesionais da información, a nosa labor é a de trasladar a realidade do noso deporte, as súas virtudes e os seus defectos; as glorias e penalidades; o futuro e o presente sen deixar atrás o pasado. Pero, por suposto, deixar constancia que detrás de cada despexe, mate ou derrape, hai un deportista cunha vida, uns valores e unhas ideas determinadas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s