Marín Peixegalego tentará dar o golpe definitivo na última xornada de liga con todo a favor. Os de Javi Llorente só necesitan vencer, na súa casa e cun cheo total en A Raña, a un Concello de Arteixo que non se xoga nada. Pola contra, o outro equipo que anda mergullado na loita polo ascenso, … Seguir lendo »
Arquivo da categoría: EBA
Para seguir a actualidade do grupo A-B da Liga EBA onde ademáis dos equipos de Galicia tamén acolle ós representantes de Asturias (este ano sen equipos nesta competición) e do oeste de Castela e León.
E Cambados non era invencible
O Estudiantes Lugo deu a gran sorpresa da tempada ó vencer ó líder invicto, o Establecimientos Otero de Cambados por 83-70. O único equipo que permanecía invicto nas ligas FEB caeu cando todo apuntaba que comezaría a fase de ascenso do vindeiro mes cun 0 na súa casilla de derrotas. Deste xeito o Estudiantes Lugo … Seguir lendo »
A ensinanza inversa
Calquera cousa que escriba de Oumar é pouca para poder facer que quen o lea entenda o que significa Oumar para min e para os seus compañeiros, pero o que significa é grazas a todo o que aportou ás nosas vidas. Poderíamos recordar múltiples anécdotas graciosas de estes tres anos e é así sen dúbida … Seguir lendo »
A EBA volta para decidir o ascenso
A EBA marchou hai dúas semanas, pero fixoo para voltar. Con case todo por resolver a tensión de equipos e afeccionados non fixo máis que incrementarse neste tempo de intriga por saber quen acompañará a Cambados na tan agardada fase de ascenso. Tres xornadas, tres partidos terán que disputar os tres equipos galegos que loitan … Seguir lendo »
Marín non falla en Narón e Estudiantes leva o derbi lugués ante Chantada
A xornada partía coas dúbidas de se Estudiantes sería capaz de volver ó camiño de vitoria no derbi local en Chantada e por ver estaba tamén se Narón sería quen de dar un susto a Marín. Ó final Estudiantes quixo confirmar porqué está onde está logo do duro correctivo que lle aplicou Marín na última … Seguir lendo »
Estudiantes obrigado a vencer a Chantada cun ollo no Narón-Marín
Cambados e Ourense enfrontaranse nun trámite para ambos nesta xornada de liga onde os de Yago Casal aproveitarán para celebrar xa coa súa afección o título de campión ligueiro. Mentres Fidalgo Vecino e Concello de Arteixo tentarán equilibrar os seus balances de vitorias e derrotas e León terá ante si a oportunidade de dar a … Seguir lendo »
Cambados proclámase campión de liga
O claro protagonista desta xornada foi o Establecimientos Otero de Cambados que trala súa vitoria sobre o 7º clasificado, CB Chantada, foi quen de proclamarse campión do grupo A-B da EBA e asegurarse un posto na fase de ascenso a Leb Prata. O equipo de Yago Casal puido asegurarse matematicamente esta praza grazas á vitoria … Seguir lendo »
Marín e Estudiantes enfróntase coa fase de ascenso no horizonte
Data sinalada no calendario para os dous equipos que están a librar a principal batalla nesta liga. Marín e Estudiantes enfrontaranse no pavillón da Raña co obxectivo de abrir distancias un co outro e poder respirar en soidade na segunda praza. Atentos ó que pase nese pavillón estarán en Ferrol, que agardarán un resultado positivo … Seguir lendo »
Cambados leva o derbi ante Marín e Rubén Vila volve como MVP
O Estudiantes Lugo viu, na súa xornada de descanso como o todopoderoso Cambados lle botaba unha man ó vencer a Marín Peixegalego no derbi pontevedrés que deixa a lugueses e marineses empatados a 11 vitorias. As mesmas vitorias pero cunha derrota máis ten Recinor Ferrol (aínda non descansou) tras a súa vitoria nun partido moi … Seguir lendo »
O derbi Cambados – Marín como prato forte
Sen dúbida o derbi pontevedrés que enfronta ós líderes invictos contra os terceiros clasificados Marín Peixegalego será o gran partido da xornada. Estudiantes Lugo rezará por unha vitoria arousana para non verse superado polos marineses na loita pola segunda praza que dá acceso ós playoffs de ascenso. Pola súa banda Fidalgo Vecino e León disputarán … Seguir lendo »