Autentico partidazo o que se vivirá esta tarde ás 20.00 horas no Pazo dos Deportes de Riazor entre Liceo Coinasa e FC Barcelona na ida dos cuartos de final da Liga Europea. Os dous mellores conxuntos do planeta hóckey veranse as facianas antes de tempo, xa que só poderá quedar un neste cruce de cuartos. … Seguir lendo »
Arquivo da categoría: HC Liceo Coinasa
Novo salto cara o campionato
Os galegos chegaban a terras tarraconenses coa presión de ter ao Barcelona a tan só tres puntos tras imporse con claridade e a domicilio ante un duro rival coma o Vic por 0-5. Pero os de Carlos Gil non se amilanaron e foron quen de traer de volta un triunfo máis doado do que se … Seguir lendo »
Set e partido para Toni Pérez
O xogador asturiano anotou os seis goles do Liceo na cancha do Shum (1-6), que apenas amosou resistencia salvo polo único gol anotado por Jordi Bartres que supuña o momentáneo 1-2. Con este triunfo, os galegos recuperan a vantaxe de oito puntos sobre o FC Barcelona nunha tempada que semella ser, por fin, a do … Seguir lendo »
O Liceo recupera a Eduard Lamas fronte o Shum
O líder da OK Liga visita esta tarde ao Shum, decimoterceiro clasificado do torneo regular tras seis xornadas sen coñecer a vitoria. O Pabelón Municipal Maçanet de la Selva vivirá ás 20.35 horas un partido no que os galegos terán o dobre obxectivo de manter a diferencia de oito puntos sobre o Barcelona e recuperar … Seguir lendo »
As baixas non poden co Liceo
O Coinasa Liceo impúxose con claridade ao Vilanova por 5-2, nun partido desputado no Pazo de Riazor que deixa aos coruñeses cunha vantaxe de oito puntos sobre o FC Barcelona. As ausencias dos irmáns Eduard e Josep Lamas non amilanaron aos galegos, que empregaron aos canteiráns Pablo Añón e Pablo Fernández como xogadores de refresco. … Seguir lendo »
O Liceo tira de canteira fronte o Vilanova
O conxunto de Carlos Gil retorna ao torneo regular trala decepción da semana pasada en Oviedo, onde os verdiblancos caeron eliminados nas semifinais de Copa do Rei fronte o Reus. No campionato da OK Liga, o Liceo aínda non semella ter rival coa vantaxe de cinco puntos que mantén sobre o Barcelona no máis alto … Seguir lendo »
Ao Liceo resísteselle unha Copa que gaña o Vendrell
Sorpresa no Palacio de los Deportes de Oviedo onte a tarde trala derrota do favorito polo título, o Coinasa Liceo, ante o Reus, que accedía a unha final que perdería esta mañá ante un sorprendente Vendrell. O novo campión rompeu tódalas quinielas tras golear ao todopoderoso Barcelona nas semifinais por 7-3 e vencer 3-4 ao … Seguir lendo »
O Liceo espera ao Reus nas semifinais
O conxunto verdiblanco amosou a súa candidatura á conquista da Copa do Rei dende que posou a primeira roda dos seus patíns na pista do Palacio de los Deportes de Oviedo. O Lleida foi quen de prantar cara aos coruñeses durante o segundo tempo, pero os de Carlos Gil volveron evidenciar por que son os … Seguir lendo »
Primeiro chanzo polo título para o Liceo
Xa está todo preparado en Oviedo para acoller o inicio da Copa do Rei de hockey sobre patíns. Como cada tempada, o torneo irrompe no calendario para reunir durante catro días ós oito mellores equipos da OK Liga ó finalizar a primeira volta. Con este serán xa setenta as edicións deste campionato, que este ano … Seguir lendo »
Unha Liga tinguida de verde e branco
O Liceo marcha imparable nesta OK Liga que parece case sentenciada para os galegos, que tras superar ao Calafell por 3-7 na súa pista, xa teñen a mente posta no partido de cuartos deste xoves ante o Lleida no Pazo dos Deportes de Oviedo. O Barcelona segue a oito puntos de distancia, logo de vencer … Seguir lendo »