Sábado primeiro de xuño de 2013. Vigo amencía coa mirada posta no partido da noite, cos nervos a flor de pel. Algúns eran optimistas, outros non tanto pero moitos temían que a historia se volvese a repetir porque señoras e señores “somos o Celta e estamos acostumados a sufrir”. A eterna angustia do afeccionado celeste, … Seguir lendo »
Arquivo da categoría: R.C. Celta de Vigo
Informate aquí sobre a actualidade do cadro olívico
E chegou o Día D
Como diría a canción de Lamatumbá, Logo chega o día. O Día D, que será de descenso para algúns e de permanencia para outros. A xornada na que todos botaron ao lixo as súas calculadoras, xa gastadas tras facer cábalas nos últimos meses. Tensión e nervios en catro estadios espallados polo territorio español, no que … Seguir lendo »
O Celta xogarase a permanencia ante o Espanyol
Xornada clave na zona baixa da clasificación. Dépor, Osasuna, Zaragoza, Mallorca e Celta apurarían as súas últimas cartas. Os de Resino debían gañar hoxe no José Zorrilla se querían tocar coa punta dos dedos o soño da permanencia. Oito da tarde en Valladolid e arrincaba a primeira das dúas finais ás que o Celta debía … Seguir lendo »
O Celta cambaléase ao bordo do abismo
Ou o Celta comeza a gañar ou xa pode esquecerse da Primeira División. Tras perder tres puntos fundamentais en Balaídos, os de Resino xa non se poden permitir marxe de erro. Había menos dunha semana que o Celta rabuñara o empate ante o Bilbao. Un encontro que outorgara dun mínimo de esperanza aos afeccionados celestes … Seguir lendo »
O Celta aférrase á Primeira División
Victoria pola mínima para os vigueses ante o Levante. Un partido difícil que os de Resino afrontaron con valentía e co gran impulso dos tres puntos acadados a pasada xornada ante o Zaragoza en Balaídos. Tarde de futbol no Ciutat que enfrontaría a Levante e Celta nun encontro que, de novo, sería de vida ou … Seguir lendo »
O Celta da sinais de vida
Tras un longo letargo, o Celta volveu respirar onte en Balaídos. Un partido que comezou como outros moitos pero que rematou en ser un encontro de auténtica taquicardia. Vigo, dez da noite. O asubío do árbitro daba comezo ao encontro de vida ou morte para un Celta que, de non gañar, tería que terse esquecido … Seguir lendo »
O eterno drama do Celta
Mala sorte? Probablemente. Arbitraxe nefasta? Tamén. Aínda así, cando a actitude non é a adecuada, o normal é que as cousas non saian como gustarían. Nestas últimas xornadas o Celta non puido ter situación máis favorable para saír do descenso. Exceptuando as victorias dos veciños do norte, os conxuntos que acompañan aos vigueses nos postos … Seguir lendo »
Ao Celta acábaselle o tempo
Nin Abel Resino nin o cambio de estratexia: o Celta non funciona. A oito xornadas para que remate o curso, os vigueses están cun pé en Primeira e co outro na división de prata. Mentres, o nerviosismo comeza a mermar a unha afección que ve como o seu equipo perde puntos xornada tras xornada. Madrugón … Seguir lendo »
Un empate que sabe a gloria
Que as cousas están difíciles para o Celta non é algo novo, pero que os vigueses non pensan desaproveitar a oportunidade de permanecer en primeira tampouco o é. Ante un Barça demasiado confiado, os de Resino conseguiron rabuñarlle un punto ante os líderes do campionato ligueiro. Tarde soleada en Balaídos. Tras semanas chovendo, as nubes … Seguir lendo »
O derbi da salvación
Que o futbol galego está de capa caída, no que á Primeira División se refire, é xa evidente. Fan case 60 anos dende que Celta e Dépor non coinciden nunha situación como a de hoxe pero, malia que as cousas non están tan difíciles como naquel fátídico 12 de xullo de 1953, a rivalidade continúa … Seguir lendo »