Tanto Azkar Lugo como Pescados Rubén Burela, precisaban unha vitoria que os afastase dos últimos postos da clasificación e ambos cumpriron do seu xeito co papel que lles tocaba. Por unha banda, o clube da capital da provincia logrou sumar a súa cuarta vitoria da temporada cun traballado triunfo por 4-3 ante o Colegios Arenas Gáldar, poñendo ás miras máis preto da zona acomodada que da loita pola salvación.
Unha loita na que polo outro lado esta enfrascado o Burela, xa que a entidade laranxa aínda non puido lograr a súa primeira vitoria do curso. Iso sí, conseguiron un empate a tres na visita ao Manacor que, coa axuda dos veciños do Azkar logo de vencer ao Colegio Arenas Gáldar, permite aos costeiros respirar máis desafogados. Esta xornada deixa ao Burela a só un punto da vítima do Azkar, que marcha como penúltimo clasificado.
O Azkar logrou dispor dunha cómoda vantaxe de dous goles nos primeiros minutos do partido cos goles de Iago Rodríguez e Cuco, aínda que só dous minutos despois, Aitor recortaba distancias cun bo movemento dende a posición de pivote. No fío do descanso, Cuco volvería anotar para restablecer a diferenza no marcador.
Coa reanudación, os da cidade amurallada volveron compricarse a vida, enchéndose de faltas e vendo como, Minhoca primeiro, e Aitor despois, puñan as táboas no electrónico. Pero nun rebumbio no área visitante, a só medio minuto para o final do partido, saldouse co gol de Iago Rodríguez. O Azkar gañaba o partido.
No outro choque da noite, o Burela vía como as pantasmas da temporada volvían repetirse na cancha balear. En dez minutos, o Manacor xa vencía por 2-0, pero a reacción dos de Julio Delgado produciuse axiña, xa que Nacho Pedraza picaba a bola por riba de Chus López. Os mallorquines volverían ampliar o marcador ao 3-1 co que se chegaba ao descanso despois do gol de Jesús Illán.
Pero na segunda parte, o choque decantouse para os galegos. A forte presión arriba provocou o gol de Iago Míguez no 26, producindo o malestar da grada local co seu equipo e, principalmente contra o seu técnico Tomás de Dios. Dez minutos máis tarde, cos laranxas controlando o partido, Juanma sellaría as táboas que deixaban o 3-3 no marcador.
Ficha do partido Ázkar-C.A.Gáldar
Azkar Lugo: Oscar Iglesias, Juampe, Diego Núñez, Jhony e Jandri (quinteto inicial), Aramburu, Cuco, Iago Rodríguez, Adrian e Antonio Diz
C.A.Gáldar: Dani Cabezón, Julio, Minhoca, Glauber e Chano (quinteto inicial), Acaymo, Asensio, Aitor, Néstor, Víctor Cachón e Laurino
Goles: 1-0; min. 10: Iago Rodríguez. 2-0; min. 15: Cuco. 2-1; min. 17: Aitor. 3-1; min. 19: Cuco. 3-2; min. 31: Minhoca. 3-3; min. 37: Aitor e 4-3; min. 39: Iago Rodríguez
Árbitros: Felipe Madorran e Gereta García, do colexio vasco. Amonestaron ao local Juampe e aos visitantes Aitor, Dani Cabezón e Julio.
Incidencias: Municipal de Lugo. 900 espectadores.
Ficha do partido Manacor-Burela
Manacor: Chus López, Joselito, Lemine, Vadillo e Joao Batista (quinteto inicial), Illán, Víctor, Rubén, B.Taffy e Javi Rodríguez.
Burela: Edu, Mimi, Hugo, Juanma, Cesinha (quinteto inicial), Nacho Pedraza, Iago Míguez, Christian e Enrique Cánovas.
Goles. 1-0, Vadillo (min.4); 2-0, Joao Batista (min.10); 2-1, Nacho Pedraza (min.13); 3-1, Illán (min.19); 3-2, Iago Míguez (min.26)y 3-3, Juanma (min.36.)
Árbitros: Blázquez Sierra ye García Donas. Amonestaron con carton amarelo ao local J. Batista e aos visitantes Cesinha, Nacho Pedraza e Hugo.
Incidencias: Palma Arena.
