De goles / Futsal

Primeiro tropezo dos de Valladares como locais

Non puido prolongarse a boa xeira no Fontes do Sar, onde o Santiago Futsal presumía de ser invicto ata o partido da pasada noite. Os compostelanos pagaron duros os seus erros e foilles imposible remontar o 0-2 do descanso, deixando no luminoso un 3-5 final.

Xa o avisara o adestrador Santi Valladares na previa do partido: “coñecen de sobra a nosa maneira de xogar, chegan motivados”. E así foi, porque o Ríos Renovables Ribera de Navarra fíxose rápido coa posesión da pelota e o control do partido, inaugurando o electrónico tras un saque dende o curruncho no que Andresito enganchou un balón que se colaría coma un mísil pola escuadra de Carlos Barrón. Do que puido ser un empate a un, logo dun disparo enviado fóra polo ceutí Hamza, pasou a ser o 0-2 a prol dos de Pato cun remate de Carlos Anós.
sf3
Chegábase ao descanso despois de que o Ríos Renovables amosase a súa carta de presentación ao Fontes do Sar. Un equipo que logrou asentar o seu xogo e subido a unha boa xeira tras vencer ao FC Barcelona a pasada xornada.

Os xogadores voltaban á pista, onde se vería un Santiago Futsal renovado, con maior presión e constantes internadas no arco rival. Tal foi así, que no minuto catro da segunda parte David Pazos anotaba para os locais. Quedaba máis dun cuarto de hora para que finalizase o partido, aínda que a balanza volveu asentarse do lado tudelano, cando Carlos Anós aproveitaba un erro da defensa santiaguesa e puña aos navarros a dous goles de dieferencia. Co equipo santiagués bombardeando o área de Molina, chegaría o cuarto gol dos visitantes obra de Andresito.

O conxunto branco seguiu asediando a portería do Ríos Renovables, con David Pazos vestindo de porteiro-xogador a catro minutos do fina. Con todo, volveron ser os visitantes os que cambiasen o marcador, cunha falta botada por Nano Modrego. Raúl Campos foi o encargado de maquillar o marcador subindo o definitivo 3-5 no electrónico do Sar.

“O resultado é o que é, pero estou moi contento”

O estratega local valorou o esforzo dos seus na segunda parte, na que tiveron que “apertar coas forzas moi xustas”, aínda que foron capaces de “crear ocasións, estivemos aí metidos pero eles souberon aproveitar os nosos erros”. Pese a todo, Valladares di marchar “contento co resultado” que deixou o equipo. O Santiago Futsal queda na quinta posición, a expensas do que faga o Caja Segovia, empatado a puntos cos galegos, e que xogará hoxe ás seis ante ElPozo Murcia.

Ficha do partido:

Santiago Futsal: Carlos Barrón,  Diego Quintela, David Pazos, Lucho e Jorge (quinteto inicial), Raúl Campos, Alan, Hamza, Tallón, Eloy e Santi.

Ríos Renovables Ribera de Navarra: Molina, Nano Modrego, Andresito, Jonathan e Lolo (quinteto inicial), Rubi, Carlos Anós, Charlie, Palmas, David e Luisma.

Goles: 0-1 Andresito (min 10), 0-2 Carlos Anós (min 15), 1-2 David Pazos (min 24), 1-3 Carlos Anós (min 26), 1-4 Andresito (min 35), 2-4 Alan (min 36), 2-5 Nano Modrego (min 37), 3-5 Raúl Campos (min 38)

Árbitros: De Juana González e Gallo Suárez do colexio cántabro ye asturiano

Amonestacións: Cartón amarelo para David Pazos, Lucho, Carlos Barrón e Raúl Campos polo Santiago Futsal e para Andresito, Nano Modrego e Charlie do Ríos Renovables Ribera de Navarra.

Incidencias: Partido correspondente á décimo cuarta xornada de liga disputada no Multiusos Fontes do Sar ante 1500 espectadores.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s