Hoxe ás 22 horas, o Deportivo da Coruña agarda por un rival que semella citarse cos branquiazuis nos momentos de máxima necesidade. Os de Domingos Paciência teñen diante deles unha das últimas oportunidades para subirse ao tren da permanencia, mentres que o Valencia confía en volver a engancharse aos postos Champions.
O conxunto ‘ché’ convertiuse hai case vinte anos no máis acérrimo enemigo dos coruñeses. Unha noite de maio de 1994 que perdurará na memoria colectiva de todos os afeccionados herculinos e amantes do fútbol, na que González atallaba un manso remate de Djukic que rompía o soño de alzar a primeira Liga. Para a parroquia branquiazul o odio eterno non foi só provocado polo feito de paralo, senón no xeito como o celebrou o cancerbeiro valencianista, xa que o equipo branco non se xogaba absolutamente nada.

Xogadores de primeiro nivel como Guardado e Valeron permaneceron no plantel herculino tralo descenso
Dende ese día, os cruces enter ambos equipos serían de alto risco no céspede, aínda que co declive deportivista, a cousa foi indo a menos. Sen embargo, volveu ser un porteiro do Valencia, neste caso César, quen se engargase de reabrir as feridas que semellaban paradas. Ao Dépor bastáballe con puntuar no último partido na casa para manter a categoría, pero as espectaculares paradas do veteranísimo cancerbeiro, privaron ao Dépor de manter a categoría ese ano.
Os coruñeses volven estar nunha situación límite, últimos clasificados e cada vez máis lonxe dos postos que dan a tranquilidade. Domingos Paciência non poderá contar cos mancados Abel Aguilar, Laure e Marchena; aínda que nas últimas horas logrou recuperar a Riki e Pizzi, entrando finalmente na convocatoria.
No bando de Valverde, non estará un dos verdugos do Dépor no día do descenso, o dianteiro Roberto Soldado. Tampouco estarán Parejo, Feghouli, Mathieu nin Gago; aínda que si poderemos ver un vello coñecido do equipo galego, o mexicano Andrés Guardado.
Alineacións probables:
Deportivo: Aranzubia; Manuel Pablo, Zé Castro, Aythami, Silvio; Assunçao, Bergantiños; Bruno Gama, André Santos, Pizzi ou Camuñas; Nelson ou Riki.
Valencia: Diego Alves; Joao Pereira, Rami, Ricardo Costa, Guardado; Tino Costa, Albelda, Banega; Piatti, Jonas e Nelson Valdez.
Árbitro: Clos Gómez, do Colexio Aragonés
Incidencias: Estadio Municipal de Riazor, onde a estatística é favorable ao Valencia nos 41 enfrontamentos, nos que os galegos acadaron 15 vitorias, 10 empates e 16 derrotas. Canal+ Liga / GolT