Obradoiro / Tripla

O Obradoiro quere volver ó camiño da victoria a costa do Fuenlabrada

O equipo do compostelán Moncho Fernández buscará a súa décima victoria ás 19.30, logo de dúas derrotas fóra do Sar ante Joventut e Manresa. Enfronte terán a un Fuenlabrada crecido tras ganar por 72-69 ó Valencia Basket.

As opcións do Obradoiro pasarán por ser quen de parar ó segundo máximo anotador da Liga Endesa, James Feldeine. O xogador neoiorquino que o ano pasado militou no CB Breogán está a promediar 17,1 puntos por partido e vén de ser elixido mellor xogador da xornada 18 tras a súa estelar actuación con 37 puntos, 4 rebotes e 5 asistencias para 41 de valoración.

Mais o Fuenlabrada, que acude ó Sar na antepenúltima posición con 5 victorias e 13 derrotas, conta con máis argumentos a parte do de Feldeine. A súa dirección correrá a cargo de Sergio Sánchez e Quino Colom, bon tirador o primeiro (47% en tiros de tres) e bon asistente o segundo, e ambos con grandes virtudes para xogador o bloqueo directo. De feito Colom forma unha gran parella xogando este tipo de situación co ala-pívot arxentino Leo Manoldi, que aínda que está a ter unha tempada irregular sempre é un xogador a ter en conta pola calidade que ostenta en posicións cercanas ó aro e o seu tiro de larga distancia.

Ademáis, os de Trifón Poch  buscarán ventaxas no poste baixo por medio do senegalés ex-NBA Sené, que cos seus 2,11 cm e 114 kilos anota case 8 puntos por partido e é o mellor reboteador do equipo fuenlabreño con 6,6, seguido de cerca por Mainoldi con 6,3.

Aportará tamén o base/escolta Kristaps Valters, que ante a ausencia por lesión do seu alero Sergii Gladyr terá que asumir máis tiros en ataque. O letón promedia 8 puntos por partido.

No banco do Obradoiro veremos caras novas. Alí estará Iñaki Sanz, base procedente do Planasa Navarra da Leb Ourense coa difícil tarea de sustituír ó máximo asistente da ACB, Andrés Rodríguez con 6,41 asistencias por partido.

Foto portada: Frusqui.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s