O Celta non puido levar a victoria en Balaídos moi mermado durante o encontro polos infortunios. Iago Aspas quedaría fóra do once na segunda parte por unha lesión e ós poucos de comezar esta quedaba con dez homes por expulsión cando ía ganando 1-0. Ó final grazas o bo facer dos celestes atrás a Real, cun xogador máis non puido máis que sacar un punto da cidade olívica.
O partido comezou como se agardaba, con moito ritmo e coa Real, grazas ó bo estado de forma e de xogo no que se encontra, tentando crear xogadas combinativas para acercarse á área de Javi Varas. Sen embargo o Celta estaba serio atrás e tamén tentaba facer das súas.
Tras unha primeira fase de claro dominio da Real sen moito peligro chegou a primeira ocasión no minuto 21 por medio de Ifrán que non chegaba por moi pouco a rematar un gran centro desde a esquerda.
O Celta respondeu cunha boa xogada pola dereita que acabou nun remate de Augusto que obrigou a esmerarse a Bravo. E non fixeron falta moitas máis pois á seguinte ocasión que tivo o Celta o balón bateu na rede. Krohn-Dehli pasaba a Iago Aspas e o de Moaña deixaba de tacón de novo para o dinamarqués, que cun remate sublime batía a meta donostiarra no minuto 31.
De novo o dinamarqués volvía poñer en serios apuros a Bravo no 40. Ó descanso, ventaxa celeste nunha primeira metade que dominaron os visitantes pero na que os olívicos realizaron un traballo moi serio atrás e con moi poucos erros que fixeron que a Real apenas xerara perigo.
Na volta ó terreo de xogo aparecía Álex López por Iago Aspas, resentido este dos seus problemas cervicais, e da súa man chegou unha gran xogada do Celta que por pouco non ampliou as diferenzas. No minuto 3 Augusto vía a segunda amarela por unha man que deixaba ó Celta con dez homes e cun novo partido diante de si.
Aínda así o Celta seguiu a gozar dalgunha ocasión máis, lonxe de verse intimidado pola Real. Pouco despois o croata Pranjic debutaba ó saír por Mario Bermejo.
Máis no minuto 14 da segunda metade o Celta cometía un erro nun saque desde o curruncho do equipo vasco e Elustondo cabeceaba dentro da portería viguesa. Aínda así o Celta volvería recuperar o bo facer defensivo da primeira metade e non deixou que a Real se levara o partido grazas ó sacrificio de tódolos xogadores.