Leb Ouro / Tripla

O Breo saquea o Plantío a base de triplas

Sabía o Breogán que o partido non era empresa sinxela e que a mala dinámica das últimas xornadas chocaría de fronte co gran xogo que viña desplegando o líder Ford Burgos nos últimos 11 partidos, contando todos eles como victorias. Mais o equipo de Lugo tamén sabía que plantar cara ós burgaleses e ganarlles na súa cancha os reconciliaría coa súa xente, e sobre todo, con eles mesmos. E debeu ser que o segundo pesou máis que o primeiro nos primeiros compases do encontro cun Breogán totalmente transformado en defensa, que vendía moi cara cada canastra no seu aro.  O Breo sabía onde tiña que facer dano, balóns interiores a un acertado Michel Diouf que compartiría protagonismo na pintura co holandés Roeland Schaftenaar, e que abrían o campo para tiros e penetracións de Winchester e Leonavicius. O Burgos era incapaz de xerar ocos na defensa rival e durante os 7 primeiros minutos tan só era capaz de anotar 6 puntos fronte ós 15 do Breo. Esta situación obligaba a Andreu Casadevall a solicitar un tempo morto que propiciaría a reacción local a través dun triple de Jeff Xavier nada máis saír, que faría dudar ós lugueses, para acabar o primeiro cuarto cun marcador máis axustado: 14-19.

cobos dani lopez

Carlos de Cobos perseguido polo ex-Breo Dani López./lainformación.com

A saída do segundo cuarto foi arrolladora por parte do equipo castelán que en 5 minutos facía un parcial de 13-0 cunha facilidade anotadora que desconcertaba ó Breogán en ámbalas dúas parcelas da pista. Lisardo Gómez, sen embargo, conseguiría espertar ós seus, para que estes, por medio dun Ogirri moi enchufado lle deran a volta ó encontro 32-34. Ó final un par de despistes cando os xogadores xa estaban case camiño dos vestiarios deixaba todo por resolver, táboas no marcador, 36-36.

Continuaba a igualdade nos primeiros compases do terceiro cuarto e do 36-36 pasaba ó 40-40 nos dous primeiros minutos. Sería Winchester o encargado de abrir brecha cun triple que poñía o 40-43 pero que provocaría a reacción dos locais que en pouco tempo endosaban un parcial de 7-1 para poñer un 50-44 que tiña que parar Lisardo. Novamente o Breo a remar no terceiro cuarto, onde o Breogán sofre un meigallo en forma de somnífero que lle veu costando os últimos partidos.

De pouco servían nestes momentos os berros dunha ducia de afeccionados que se trasladaran a Burgos dende a cidade amurallada, pois o Breo volvía en forma de pantasma á pista para que o equipo rival aumentara a renta até os 12 puntos cun 56-44. E novamente, erixido en salvador Winchester anotaba de tres para baixar a barreira dos dez puntos. Como se o americano fose o galo cantador das mañás, o equipo volveu espertar e cunha canastra de Carlinhos de Cobos no último suspiro do terceiro cuarto reducía as diferenzas a 5 puntos. 58-53 e todo por decidir.

Os de Lugo saían batalleiros, e por medio dunha defensa moi agresiva que provocaría contraataques e transicións que os burgaleses tiñan que parar con faltas. Así Diouf e Ogirri anotaban desde o tire libre.E unha canastra de dous de Ogirri, dous libres de de Cobos e un mate espectacular de Leonavicius  volvían empatar o partido a falta de 6 minutos 63-63 e agora sería Casadevall que tería que espabilar ós seus.

Así as cousas, o Breogán volvía tocado por unha variña máxica, o traballo de motivación do corpo técnico do Breo daba os seus froitos e na reanudación o equipo de Lisardo comezou a sumar as súas posesións de tres en tres, e por turnos, Primeiro Leonavicius, logo Ogirri, agora tocaballe a de Cobos e Winchester poñía a puntilla para que o marcador reflectira un 68-75 esperanzador. Ó final, Burgos tentou remontar por medio de faltas pero foi incapaz e o resultado final foi 77-85 non sin que antes Ogirri volvera deixar a súa marca cun triple sobre a bocina.

O mellor do Burgos foi Josep Ortega con 16 puntos e 5 rebotes para 24 de valoración acompañado do ex do Breogán Jeff Xavier con 16 puntos e de Paco Olmos con 9 puntos e 6 rebotes para valorar 15.

No Breo Diouf valorou 30 grazas ós seus 14 puntos e 13 rebotes. Ogirri foi o máximo anotador con 22 puntos para valorar 22. Tamén destacaron Winchester con 14 puntos, Leonavicius con 13, de Cobos con 12 puntos e 5 asistencias e Schaftenaar con 10 puntos. Ademáis o Breo tivo un 46% de acerto nos tiros de máis aló da liña de 6,75 que, sen dúbida, foi unha das claves da victoria xunto coa gran defensa desplegada en gran parte do encontro.

Con esta victoria o Breogán ponse en quinta posición na táboa con 8 victorias e coas mesmas derrotas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s