O estadio Anxo Carro acolle hoxe ás 18.00 un partido moi atractivo a priori, pola filosofía de xogo que teñen tanto o equipo local coma o Las Palmas, que poderán ofrecer un bo espectáculo sobre un terreo de xogo que por moito que digan técnico e xogadores do equipo canario, atopáse nun estado máis que aceptable.
Hai dous anos que o Las Palmas non visita o estadio Anxo Carro e é a primeira vez que o fai en 2ªDivisión. O Lugo perdeu sempre co equipo canario na Segunda B, sorprendeuno nesta, empatando no segundo partido de Liga no estadio Gran Canaria.
A UD Las Palmas chega como favorito a este encontro, logo de tres meses maxistrais, con 30 puntos de 39 posibles, con unha soa derrota nos 13 últimos partidos, a 3 puntos dos postos de ascenso directo e pensando en retornar a Primeira División, categoría na que militou 31 tempadas, ademáis das 25 de Segunda. Aínda así xa van 11 anos desde que o laureado equipo canario non xoga na élite do fútbol estatal, de ahí a súa ansiedade por voltar ós campos de primeira reforzandose cada vez que ten oportunidade. Onte presentaron ó pichichi da liga peruana e natural dese país Andy Pando.
O Lugo chega con humildade, sabendo que o favorito é o equipo canario, pero consciente de que se compite como o fixo até agora na case totalidade dos seus partidos, pode ofrecerlle seria resitenza ó equipo amarelo, que está máis obrigado a ganar hoxe que os lugueses polas dispares aspiracións de ambos. Aínda así as diferenzas na táboa non son moitas, tan só seis puntos separan a ámbolos dous equipos.
Problemas para adestrar
O Lugo viuse obrigado a realizar unha sesión máis curta do habitual, nunha víspera de partido non terreo de herba artificial da Cheda, onde Quique Setién non quixo forzar ós seus xogadores que xogaron un partidiño a medio campo, todos mesturados, polo que o técnico non deu pistas, ó non poder realizar o seu adestramento a porta cerrada no Anxo Carro como estaba previsto nun primeiro momento.
O Las Palmas que chegou antonte a Lugo, adestrou tamén a partires das 11 horas do venres en A Campiña, aínda que tampouco o fixo en terreo de herba natural, que tamén estaba bastante castigado polo que tiveron que trasladarse ó terreo de fútbol indor da Campiña que se encontra nun estado envexable.
Tres novidades no Lugo
O Lugo presentará tres novidades cando menos, como anunciou o técnico local no adestramento matinal do venres. Yoel volve á titularidade despois de catro xornadas, pola lesión de José Juan, David de Coz e Carlos Pita, tamén volverán logo de cumplir sanción dun partido por acumulación de tarxetas. Non se descarta que Pablo Álvarez volva ó once titular para ocupar a banda dereita como aconteceu contra o Guadalajara.
O Las Palmas con todo o arsenal
O equipo amarelo desplazouse con 19 xogadores á cidade amurallada polo que Sergio Lobera, técnico formado nas categorías inferiores do Barça, terá que descartar a un xogador antes do partido, se ben o equipo podería ser o mesmo que formou o pasado domingo ante o Rácing de Santander. Aínda así, Lobera tamén podería optar por dar entrada no doble pivote a Vicente Gómez ou David González, na defensa ó camerunés Atouba para substituír ó lesionado Enrique Corrales ou Dani Castellano, todo isto atrás, no ataque Javi Guerrero adoita ser un xogador de refresco e moi aproveitado, que de seguro sairá desde o banco como revulsivo se así o necesitara o equipo canario.
O sistema de xogo é similar ó do Lugo, aínda que adoita permutarse moito nos media puntas, xa que tanto Vitolo coma Momo e Thievy poden xogar por fóra en calquera banda ou de enganches. Estes tres homes supoñen un gran perigo polo desequilibrantes que son arriba onde se complementan ben con Chrisantus e Javi Guerrero.
