Trátase dunha proba como pouca implantación en Galicia mais aínda así o noso país non deixará de estar representado no día de mañá no Campionato de nivel estatal que terá lugar na localidade cántabra de Reinosa. Nesta proba os atletas terán que correr 10 quilómetros por un circuito urbano en Reinosa, logo recorrerán en bicicleta os 24 quilómetros que separan a anterior vila de Alto Campoo, para acabar con 10 quilómetros de esquí de fondo.
Na proba élite feminino participarán Verónica Montes do AD Fogar e a méxicana Mayalen Noriega polo Cidade de Lugo Fluvial. Esta última estivo a traballar xunto á paratriatleta galega Susana Rodríguez como guía e xuntas lograron hai uns meses o título de campionas do mundo de paratríatlon en Australia.
Á súa vez na proba élite masculina ós nosos representantes serán Alberto Taboada do AD Fogar e nos grupos de idades, dous representantes do Tríatlon Ferrol como son José Ángel Penas no grupo de 30 a 34 anos e no de 35 a 39, Javier Pérez.