De goles / Máis fútbol / R.C. Deportivo da Coruña

Homenaxe ao ‘Roxo’ de Arteixo

A comezos da década dos 90, ás beiras do Mediterráneo xurdía o xogo vistoso e inédito do ‘Dream Team’ de Johan Cruyff. Sen lugar a dúbidas, unha revolución do fútbol moderno, fonte de inspiración para o actual Barça e destacado nas estanterías das enciclopedias do fútbol. Pero ao outro lado da peninsula, dende a experiencia e a humildade, crecía un equipo cunha forma de tratar a pelota alegre ao ritmo de samba brasileira. O ideólogo do proxecto atopábase no banco.

Un exponente de modestia, tanta que no seu debut como xogador do Deportivo no ano 1951, marcou no vello campo de Les Corts ao mítico porteiro do Barcelona Antoni Ramallets para despois pedirlle “desculpas, señor”. Arsenio Iglesias é unha lenda viva do deporte galego que nunca terá as suficientes homenaxes coma recoñecemento a súa labor.

Arsenio recibe unha camiseta da SD Compostela a mans do presidente Antonio Quinteiro

Arsenio recibe unha camiseta da SD Compostela a mans do presidente Antonio Quinteiro

De feito, o ano pasado recibiu a Medalla Castelao xunto a outro estandarte do fútbol galego coma Michel Salgado. Onte sería a peña deportivista ‘Fuente Cuatro Caminos’  a que outorgase un merecido premio pola súa traxectoria.

Entre os participantes do acto atopábanse figuras míticas da cidade coruñesa como o exalcalde Francisco Vázquez, o excapitán branquiazul Fran, ou outro símbolo activo do deportivismo como Juan Carlos Valerón. Ata o bar Porto do Son, ateigado de curiosos e admiradores da figura d´O Bruxo, tamén se achegou o presidente da SD Compostela, Antonio Quintero.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s