EBA / Tripla

Cambados será campión de inverno cunha loita encarnizada por abaixo

Será unha xornada que dé lugar a reflexións por cerrarse a primeira volta. Se ben parece que hai dous enfrontamentos con claro favorito, o resto de partidos prometen tensión e igualdade e algunha que outra sorpresa.

O Establecimientos Otero Cambados non teñen un partido fácil contra Baloncesto Narón. Aínda así todo apunta a que os líderes invictos, que contan coa mellor defensa das ligas FEB sacarán o partido adiante ante un equipo que tan só conta como victorias tres dos seus nove partidos na competición. Cun gran bloque onde destacan nomes como Alberto Rodríguez e José Luis Merino con experiencia en ligas de máis nivel ou os cubanos Juan Mato e Taylor García. Sen dúbida un equipo moi compensado e cunha gran rotación que parte como favorito ó ascenso e que as terá todas de cara en Narón. Todas… ou case todas, pois Narón podería dar unha sorpresa en breve, xa que o clube está facendo todo o posible por incorporar ó pívot ex ACB e natural da Laracha, Lucho Fernández, que actualmente se atopa sen equipo tras rexeitar ofertas de Leb Ouro.

Norman tenta un lanzamento defendido por dous xogadores do Fidalgo Vecino.

Norman Rey do Establecimientos Otero, tenta un lanzamento ante dous xogadores do Fidalgo Vecino.

O outro enfrontamento que parece claro é o Recinor Ferrol CB-Ourense Capital Termal. O equipo ferrolano conta cunha boa plantilla, das mellores da competición, a pesar de que hai unhas semanas perdía ó seu base Chema González que fichaba polo Palencia de Leb Ouro. Pola contra, o Ourense Capital Termal visitará unha cancha difícil, como colista do grupo con tan só unha victoria e co seu mellor xogador, Rubén Vila, lesionado.

A partir de aquí, e nos tres partidos que restan pode pasar calquera cousa. O partido de Estudiantes de Lugo contra Fidalgo Vecino decántase a priori, a favor dos locais. O Estudiantes cun grupo moi novo (teñen a media de idade máis baixa de todo o grupo A con 19 anos e con tres xúnior no plantel) buscará facer sufrir o seu rival con moito ritmo, rápidos contraataques e defensa asfixiantes. Sen embargo como a maioría de grupos sin experiencia, estes son capaces do mellor ganando cómodamente ó segundo clasificado Peixegalego, e do peor, caendo de case trinta e cunha mala imaxe en Cambados na pasada xornada. As posibilidades do equipo zamorano pasarán pola capacidade que teñan de reducir o ritmo do partido a unha marcha inferior que saque ós locais do seu papel e polo acerto tanto do seu pívot Tomás Ramón como da súa recente fichaxe Nikola Bodic. O Estudiantes, logo dunha moi boa primeira volta afrontará o partido cun 6-3, ó contrario que o Fidalgo que está terceiro pola cola con só tres victorias, mais empatado con outros dous equipos.

Un destes equipo con tres victorias é o CB Chantada Galicia Vento que buscará acabar a primeira volta nunha zona temperá a costa do penúltimo: Fundación Club Baloncesto León, que pola contra, buscará a victoria na súa casa para engancharse ó grupo dos tres triunfos. Os leoneses, segundo equipo máis novo con 20 anos de media buscará imprimirlle unha pizca de ritmo máis ó encontro por medio dos seus xogadores exteriores importantes: o compostelano Diego Mallou, Adrián Roales e Webber Lufanga. O equipo chantadino, pola contra, cun bloque moito máis experimentado, tratará de adormecer o partido con ataques largos onde xerarán vantaxes para un dos mellores pívots da liga como é Iker Trevijano, e defensas zonais que non permitan ó equipo rival pisar a zona, para invitalos a tirar de fóra máis do que quixeran.

O partido que cerrará a xornada será o BCA Cidade de Arteixo contra o Marín Peixegalego. Dous equipos de xente nova e cun claro proxecto formador. O Cidade de Arteixo, equipo ascendido da 1ªDivisión Galega está a ganar o respeto dos seus rivais por medio dunha defensa moi intensa e agresiva, que borra ós seus rivais do partido e con ataques moi rápidos que buscan xerar ventaxas nos primeiros segundos dos seus ataques, para logo explotar as súas virtudes defensivas. Para o equipo filial do Básquet Coruña a victoria suporía acabar na metade da táboa cun 5-5 en solitario. Pola contra, o Marín Peixegalego, segundo da liga, e cun xogo máis contrastado, dará cabida a dous xogadores xúnior que suben habitualmente con eles. Sen embargo, as referencias a nivel ofensivo serán o interior Joseba Aramburu que vén de batir o récord da tempada en rebotes nun partido con 17 capturas e o segundo xogador máis valorado da liga, o dominicano Gregorio Ayón con máis de 15 puntos de valoración por partido.

Pasada a fin de semana coñeceremos mellor como foi a cousa polo grupo A-B da liga EBA. De momento tan só nos queda intentar aproximarnos a algún pavillón a disfrutar dalgún destes partidos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s