Formación / Tripla

A esperanza do baloncesto galego

O futuro está asegurado, ou polo menos iso parece. Ante a extendida pregunta de se co paso do tempo poderemos ver algún xogador da terra nos equipos de élite en Galicia, os xogadores das xeracións do 97 e 98 que do 3 ó 7 de xaneiro disputaron o Campionato de España de Seleccións Autónomicas en Zaragoza dan lugar á esperanza de que algún día tal feito será posible.

O combinado cadete feminino que representou a Galicia.

O combinado cadete feminino que representou a Galicia/FGB

Lonxe de analizar os resultados a nivel colectivo das seleccións galegas de baloncesto no Campionato, a actuación dos nosos xogadores foi máis que esperanzadora polo que ofreceron certas individualidades que agardamos que pouco a pouco se vaian facendo oco nos principais equipos galegos ou do resto do estado.

As rapazas, sétimas, e os rapaces, oitavos, deixaron entrever que o basquet galego conta con suficientes razóns para crer a un medio prazo e para ser a un largo prazo. E é que analizando os números dos  nosos algúns nomes destacan no panorama estatal.

No apartado masculino destacada aportación para dous xogadores con nome propio xa a nivel estatal, o primeiro deles o compostelano Pablo Hernández, escolta do Rosalía de Santiago que levou o peso anotador dos nosos en moitos dos partidos cuns porcentaxes en tiros de longa e media distancia propios dun xogador doutra categoría e que aínda que ten que mellorar no aspecto defensivo pode penetrar se ningún tipo de problemas onde é capaz de finalizar con infinidade de recursos onde destaca por un reverso letal.  Pablo tamén conta cun especial imán para os rebotes pese a xogar en posicións exteriores onde aproveita a súa envergadura para atrapar todo aquilo que rexeita o aro. Os números do picheleiro deixan entrever porque se caracteriza o picheleiro, facilidade anotadora con 12,2 puntos por partido e unha gran capacidade reboteadora con 7,4 capturas de media.

O outro xogador que brillou con luz propia non foi un xogador nado en Galicia pero que se está a formar á beira do río Miño na cidade de Lugo. Ioannis Michaloutsos é un alero ateniense de dous metros de altura que se colou no Olimpo dos mellores xogadores da categoría grazas ó seu portentoso físico que o fan ás veces imparable en situacións de un contra un en carreira.

Michaloutsos lanza un tiro libre durante un partido.

Michaloutsos lanza un tiro libre durante un partido/FGB

O grego que milita no Estudiantes de Lugo conta cun tiro máis que acetable pero é sobre todo un gran penetrador, onde deixa entrever a súa dureza física que converten as súas internadas pola zona nun furacán difícil de parar. Ademáis é un excelente defensor e grazas á súa altura un bon reboteador tanto en defensa como  en ataque. Por el pasaba o balón en gran parte dos ataques da selección como se comproba no feito de que fose o xogador con máis faltas recibidas da selección, con máis de 5 por partido. A pesar de que non puido xogar o último partido contra a Comunidade Valenciana, Ioannis, foi o mellor xogador en números da selección rozando o doble doble con 14,2 puntos e 9,5 rebotes por actuación.

Tanto Pablo, que xa foi probado en categorías inferiores pola selección española, como Ioannis estiveron ben secundandos polo base de Artai de Carballo Jorge Guillamet que deixou grandes destellos froito do seu talento e visión de xogo, director da selección e Fernando Vidal un alero de dous metros que aínda ten que evolucionar moito pero que sen dúbida é un dos grandes activos da canteira do Básquet Coruña polas súas posibilidades físicas.

Ademáis o Campionato sentou a base do vindeiro ano xa que tres dos doce xogadores seleccionados era de primeiro ano. Entre eles dous contaron con gran protagonismo, como foi o caso dun escolta moi físico e bon tiro exterior como Álvaro Gómez de COB Ourense e o compostelano do Rosalía Eduardo Lada, un base moi completo con gran capacidade anotadora e reboteadora, que ademáis conta cunha visión de xogo impropia para a categoría. Ambos os dous xa foron probados polas seleccións españolas en categoría mini ou infantil e este segundo xa é pretendido por algunha canteira ACB.

Sen embargo ós doce xogadores que acudían coa selección galega hai que sumar ó ourensán Alex Mazaira que disputou o torneo coa selección de Catalunya xa que o ala-pívot de 2,02 vén de deixar o COB Ourense hai uns meses para incorporarse á disciplina do Barça Regal logo de que outros clubes como Cajasol tamén mostraran interés por el. Mazaira proclamouse campión de España coa selección catalana cunha boa actuación promediando 6,2 puntos e 5,3 rebotes nunha selección na que o listón estaba moi alto.

Jorge Guillament tenta rebasar a un defensor aragonés.

Jorge Guillament tenta rebasar a un defensor aragonés/FGB

Os rapaces non foron os únicos que destacaron, pois se nos poñemos a falar de individualidades, a sección feminina é a que leva as de gañar. A selección feminina era unha selección cun gran talento físico e con xogadoras que aspiran a converterse en profesionais nun futuro moi próximo. É o caso de nomes como as viguesas María Pérez e Ángela Coello, a coruñesa Paloma Dorda ou as xogadores de primeiro ano Blanca Millán e Paula Ginzo.

O caso máis curioso é o de María Pérez que xogaba este ano por primeira vez contra rapazas da súa idade. Isto ten unha explicación, a xogador de 16 anos ten ficha dunha categoría máis, a junior, para así poder subir co primeiro equipo do seu club, o Celta Selmark, que milita na Liga Feminina 2 logo de ter que perder a categoría en Liga Feminina pola falta de apoio institucional. E o caso é que a prematura madurez de María deixouse ver no campionato, sendo a líder indiscutible da selección galega. A base que supera con creces o 1,80 de estatura aproveita o seu poderío físico e a súa estatura para finalizar sempre en situacións próximas ó aro logo de contraataques moi rápidos e penetracións onde aproveita a súa dureza física. Aínda que o tiro é a súa asignatura pendiente este hándicap non a mermou na faceta anotadora sendo a primeira na lista dentro do combinado galego neste apartado.

María Pérez conduce o balón ante unha xogadora da selección de Catalunya.

María Pérez conduce o balón ante unha xogadora da selección de Catalunya/FGB

Pérez tivo actuacións de 27 e 26 puntos contra Aragón e Madrid que a levaron a promediar 16,6 puntos de media acompañados de 4,2 rebotes e máis 6,8 faltas recibidas por partido, sen dúbida uns números moi altos.

A súa compañeira no Celta, Ángela Coello, esta sí no equipo cadete do club, foi outra das destacadas na súa labor baixo os aros, a xogadora interior é un claro exemplo de loita e entrega xa que co seu escaso 1,82 é capaz de dominar as batallas dos tableiros contra xogadoras moito máis grandes e potentes fisicamente. Aínda que o seu campionato estivo marcado pola irregularidade deixou dúas actuacións intachables ante Madrid con 18 puntos e 9 rebotes e contra Navarra con 6 puntos e 12 rebotes deixando claro que se lle deixan os rebotes son todos seus.

Menos dominante físicamente pero cun talento rebosante e unha clase para o deporte da canastra especiais temos a Paloma Dorda. Trátase dunha base/escolta moi alta (1,80) cunhas cualidades no un contra un letais xa que tanto pode amenazar co seu tiro de larga distancia como en penetración, onde a pesar de non ser unha xogadora rocosa acaba anotando pola súa calidade e a infinidade de recursos técnicos dos que goza. A xogadora que promediou 10 puntos goza ademáis de moita calidade para pasar, facendo xogar ás súas compañeiras.

Non é estraño logo que a xogadora que ata xuño militaba no Maristas de Coruña fose becada para esta tempada polo Centro de Tecnificación Segle XXI que a Federación Española ten en Barcelona co obxectivo de formar ás promesas do baloncesto estatal para que se convirtan en deportistas profesionais.

Neste centro de alto rendemento está tamén a xogadora de primeiro ano Paula Ginzo que aínda que non destacou na faceta anotadora é unha das grandes esperanzas da xeración do 98 en Galicia, xunto coa compostelana do Peleteiro Blanca Millán que si estivo máis acertada na estatística que a antiga xogadora do Carmelitas de Ourense.

Non son tódolos nomes máis si os máis destacados. Deles e dos seus compañeiros nos diferentes equipos galegos dependerán que algún día clubes galegos de primeiro nivel como Obradoiro, Breogán, COB, Básquet Coruña ou Cortegada poidan contar con xogadores e xogadoras galegos nas súas filas dun xeito natural sen que teñan que vender ningún favor ou loubalo como unha gran miragre. E así poder continuar a aposta por deportistas da terra que outros clubes como Celta ou Ensino xa comezaron.

2 reflexións en “A esperanza do baloncesto galego

  1. Pingback: A esperanza do baloncesto galego

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Conectando a %s